Parque infantil que vai ser mellorado.

Este área recreativa para os máis pequenos ubicada no Parque Azul adecuarase á normativa actual e acondicionarase para tratar os desperfectos causados polo paso do tempo e o uso da instalación. Investiranse cerca de 47.500 euros

O Parque Azul de Cantodarea volve recibir unha inversión para mellorar as instalacións de lecer coas que conta. Despois da remodelación do skatepark, agora iníciase un proxecto de acondicionamento do parque infantil, que é moi utilizado polas familias desta zona e de todo Marín.

A empresa adxudicataria dos traballos, Bricantel España, xa empezou a desmontaxe dos elementos actuais, que son dous pórticos de columpio, un equipo con forma de barco afundido, un balancín xiratorio, unha casiña de xogos, un xogo de equilibrio, unha mesa de actividades e un xogo de resorte con forma de grilo.

Todos estes elementos serán desmontados, paletizados e levados a un almacén onde se repararán e se porán a punto. Ademais, reacondicionaranse de tal maneira que se poidan adaptar á normativa vixente en materia de áreas de xogos.

A maiores, o proxecto contempla a eliminación do pavimento de caucho actual para colocar un novo en toda a estensión do parque. O novo pavimento combinará as cores azuis e amarelas para seguir dotando ao parque desa vitalidade característica destas zonas de lecer.

A inversión que se realizará neste proxecto será de cerca de 47.500 euros, subvencionados pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través dunha liña de axudas para creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *