Un incendio calcinou dous vehículos que se atopaban aparcados na primeira planta da fábrica de Massó. Segundo os Bombeiros do Morrazo, o lume só afectou a estes dous coches e a través dun oco no chan levemente á planta inferior. En apenas media hora estaba sufocado, aínda que a gran cantidade de fume que se vía desde diferentes puntos fixo pensar nunha maior gravidade.
Protección Civil de Cangas encargouse de arrefriar a zona exterior.
Non é a primeira vez que se produce un incendio destas características a pesar de que as instalacións, en ruinas, atópanse tapiadas para evitar o acceso de persoas ao seu interior. Aínda así, todo fai pensar que existe algún recuncho de entrada.