Os bombeiros na extinción do lume.

Barállase que o incendio fose intencionado

Grazas á patrulla da Policía Local e a tres veciños da zona o incendio nun contedor de cartón na rúa Ramón Cabanillas de Moaña non afectou a un vehículo aparcado a pouca distancia. Ocorreu ao redor das 23:30 horas cando unha persoa alertou á Xefatura de que un contedor azul situado á beira do supermercado Eroski, na zona de carga e descarga, atopábase ardendo. Rápidamente os axentes acudiron ao lugar e localizaron á propietaria do vehículo estacionado, que procedeu a retiralo. Mentres tanto, uns veciños tamén colaboraron con caldeiros de auga para apagar o lume.

Deuse aviso ao 112, que alertou aos Bombeiros do Morrazo. Ao chegar, fixéronse cargo da situación e procederon á súa extinción mediante auga e escuma. Ás 23:55 quedou totalmente extinguido.

Segundo a Policía Local de Moaña, barállase a hipótese de que o lume fose intencionado.

Estado no que quedou o contedor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *