A grúa cargando o coche tras apagar o lume os Bombeiros.

Un Renault Megan resultou calcinado por causas que aínda se descoñecen. O seu propietario conducíao na autovía do Morrazo, á altura da parroquia de Domaio, cando de súpeto comezou a arder antes de chegar ao túnel en dirección Vigo. Outro condutor deu a voz de alarma ao redor das 21:00 horas de onte e minutos máis tarde fíxoo o propio afectado que decidiu paralo na beiravía.

Segundo informan os Bombeiros do Morrazo, o coche quedou totalmente calcinado pero houbo que lamentar danos persoais.

Os Bombeiros apagando o lume do coche.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *