Liceo Casino de Marín.

A Xunta de Goberno Local celebrada hoxe deu luz verde a este proxecto, que se licitará en case 400.000 euros, con cargo ao remanente de Tesourería

O Liceo Casino de Marín está agora máis cerca de converterse nun Centro de Ocio
Xuvenil. A Xunta de Goberno local celebrada este mediodía deu luz verde ao
proxecto de remodelación da planta baixa e o sótano do inmoble, por un prezo de
licitación de 397.939,91 euros.

Esta inversión realizarase con cargo ao remanente de Tesourería e axudará a
adaptar as actuais instalacións, que datan de 1993 e ocupan case 1.700 metros
cadrados. O soto será destinado ao Arquivo municipal, que estará mellor
catalogado e conservado, e contará cunha entrada única.

Contará cunha zona de recepción propia xunto ás escaleiras existentes e prevese
a instalación dun ascensor para facilitar tanto o acceso peonil como o traslado de
cargas pesadas ao arquivo.

No caso da planta baixa, a día de hoxe existe unha distribución con usos como
cafetaría, sala de baile, ximnasio e piscina. Con este proxecto, readaptarase esa
distribución para poder crear un amplo vestíbulo multiusos, unha sala de traballo
e estudo, unha sala de informática e unha sala de xogos e descanso.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *