A Garda Civil confirma a aparición dun cadáver no mar, debaixo do Ponte de Rande, nas imediacións da fábrica de Fandicosta, en Moaña. Tamén informa que se trata dunha muller de 89 anos cuxa desaparición foi denunciada esta mesma mañá na Policía Nacional de Vigo.
Ata o punto trasladouse unha embarcación de Salvamento Marítimo e neste momento estase procedendo ao levantamento do cadáver. Aparentemente non ten signos de violencia.