Río Lameira, Marín.

Un viandante avisou a través do 112 da localización dun cadáver no río Lameira de Marín.

Chamou pouco antes das nove desta mañá desde unha zona residencial situada na Rúa do Souto, en Marín. Por alí pasa o río Lameira, onde atopou o corpo aboiando. 

Decontado, o xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos axentes de seguridade da Policía Nacional e Local, que enviaron senllos equipamentos ao lugar dos feitos.

Tamén se sumaron os Bombeiros do Morrazo debido á complexidade para o rescate do corpo, non tanto pola profundidade -hai apenas un metro-, senón pola dificultade de acceso.

De momento, descoñécense as circunstancias deste suceso, aínda que os axentes de seguridade comezaron o proceso de investigación pertinente co fin de recoller toda a información sobre as causas. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *