Ata o de agora, o que se sabe, é que o falecido morreu por causas naturais. Segundo fontes policiais, o finado tiña 69 anos e foi atopado por un familiar da propiedade da vivenda na que residía só na PO-551 coa baixada á Samertolameu. A voz de alarma deuna un amigo ao non poder localizalo ao longo de varios días. Xa o martes non colleo o teléfono, ainda que descoñecese canto tempo podería levar sen vida.
Segundo os veciños, o home, que estaba divorciado e non era natural de Moaña, vivía de alquiler nesta pequena casa da parroquia de Meira dende fai cinco ou seis anos.
No lugar están axentes da Garda Civil, a Policía Local, Protección Civil de Moaña que foi a primera en chegar á casa, o coche fúnebre, vecinos e coñecidos e os Bombeiros do Morrazo, encargados de sacar o corpo do baño de pequenas dimensións onde foi atopado. Estase á espera da chegada da comisión xudicial desde Cambados para o levantamento do cadáver.