Un coche que circulaba en dirección Moaña impactou contra outro que se atopaba parado e despois continuou a marcha uns metros ata chocar frontalmente contra un vehículo que ía en dirección Vigo. Ocorreu na PO-551, na parroquia de Domaio, xusto á altura do bar Regueira.
Este aparatoso accidente deixou a unha persoa ferida, en principio leve. Trátase da condutora do coche que circulaba cara á cidade olívica, que se queixaba de dor nas pernas e que foi trasladade en ambulancia ata un centro hospitalario.
A Garda Civil fíxose cargo da investigación e neste momento permanece no lugar á espera da retirada dos dous vehículos. A Policía Local de Moaña tamén colaborou no operativo e encargouse de cortar o acceso cara a Domaio desde a rotonda de Rande para evitar un atasco maior no lugar do accidente.
Ocorreu minutos antes das oito da tarde. O suceso aglutinou a un importante número de personas que nese momento atopábanse no establecemento hostelero.