A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, recibiron esta mañá a Ángela Balado, que hai tres semanas brillou nos Emiratos Árabes, onde acadou o bronce a nivel mundial no Campionato de Taekwondo.
Ángela é jovencísima, apenas está en 2º da ESO, e xa despunta na súa carreira deportiva, seguindo a estela doutros marinenses que están levando o nome do noso concello ao máis alto deste deporte, como son Sergio Troitiño, Arlet Ortiz e Iván García.
O MATS é un club exemplo do que se pode chegar a conseguir con esforzo, adicación e paixón polo deporte.