O Campo do Alondras de Cangas.

Desde Alternativa alertan da «parálise que sufre o concello desde fai dous meses, en proxectos de vital importancia tanto para a veciñanza como para determinadas instalación e clubes». «O anterior Goberno chegáramos a un acordo co Fútbol Club Alondras no cambio da iluminación do Campo de Fútbol por iluminación Led, xa que a iluminación existente era insuficiente para disputar os partidos da Liga e así llo facía chegar en informes ao Club, podendo incluso inhabilitar a realización de partidos en dito campo por culpa de esa situación», lembran.

Ademáis, poñen de manifesto a «eficiencia enerxética e o aforro na factura» que suporía este cambio. Sin embargo, explican dende Alternativa, o tripartito mantén paralizado o proceso de licitaciónque deixou o anterior Goberno local únicamente pendente da firma do contrato coa empresa executora para que as obras estivesen rematadas antes de comezar a Liga. «Desde ese intre o Goberno actual non tocou o expedente, deixando pendente todas as licitacións en proceso incluido esta, obra que era esencial haber adxudicado pois as obras deberían realizarse no mes de Agosto, xa que en Setembro comeza a Liga», detallan.

Por todo elo, advirten, «si existen problemas co rexistro dos equipos na liga 2023-2024 ou a realización de determinados partidos a única responsabilidade será de que non se levou a cabo nin un trámite para que o expedente se rematara e así a empresa comezara o seu traballo».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *