O propietario do Cine Seixo na sala.

A Asociación para a Defensa de Marín «Ademar» homenaxeará ao propietario do Cine Seixo, Perfecto Carballo, no Premio Liberación deste ano. Así llo trasladou o presidente do colectivo, Manuel Torres, á concelleira Itziar Álvarez. A entrega do premio coincidirá co aniversario da Liberación de Marín polas Alarmas do Morrazo, que se conmemora o 4 de abril. Haberá un acto simbólico ese díano que se depositará unha coroa no monolito de Gago de Mendoza, para despois seguir cos actos no Museo.

Tanto o Concello como Ademar coinciden no idóneo do premio deste ano, xa que grazas ao traballo e á paixón de Perfecto Carballo, Seixo conta cun cine cheo de historia, que é parte do patrimonio inmaterial da parroquia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *