ACIMO, Asociación de Comerciantes e Industriais de Moaña, en colaboración co Concello de Moaña, pon en funcionamento unha nova campaña entre as empresas adheridas da localidade de Moaña, baixo o slogan “CELEBRA O TEU COMERCIO LOCAL” que se desenvolverá entre os días 15 ao 31 de agosto, culminando este último día sábado 31 nunha GRAN FESTA DO COMERCIO LOCAL na contorna do palco da música.

Co obxectivo de potenciar o consumo nas empresas da localidade na tempada de verán e afianzar a marca de “comercio local” entre o público da comarca, levarase a cabo esta campaña de dinamización consistente na celebración dunha gran festa do comercio local no mes de agosto.

O evento buscará achegar aos clientes da contorna ao comercio de Moaña ofertando unha programación de actividades para tódolos públicos. As persoas consumidoras do comercio local poderán disfrutar, a través das súas compras, das actividades programadas na gran festa final.

A idea principal é premiar as compras realizadas no comercio local da vila entre o 15 de agosto e o 31 de agosto. As persoas clientas do comercio local poderán acceder a TIRADAS Á RULETA que se instalará na Gran Festa Final do Comercio Local de Moaña, na que obterán agasallos asegurados.

Por outra banda, se os clientes que realicen estas consumicións teñen crianzas comprendidas entre os 4 e os 12 anos, os comercios poderán entregarlles PASES PARA OS INCHABLES que se colocarán dito día.

Deste xeito, canto máis consuman os clientes no comercio local de Moaña, máis posibilidades teñen de obter premios ou recompensas na festa final.

A maiores, a III FESTA FINAL DO COMERCIO LOCAL CONTARÁ COAS SEGUINTES ACTIVIDADES/ACTUACIÓNS:

– Obradoiro de maquillaxe (de 17:30h a 21:30h)

– Obradoiro de globoflexia (de 17:30h a 21:30h)

– Obradoiro de chapas (de 17:30h a 21:30h)

– Obradoiro de manualidades (de 17:30h a 21:30h)

– Actuación Brais das Hortas «Contos para caghar patatillas» (de 17:30h a 18:30h)

– Actuación de Duende Circo «Pallaso total» (de 18:40h a 19:40h)

– Actuación de Asacocirco co espectáculo «AsacoCirco Show» (de 19:45h a 20:35h)

– Concerto de «Los resacas» e fin de festa (de 20:45h a 21:30h). 

Coa celebración desta actividade búscase facilitar unha ferramenta para que o público se achegue aos establecementos comerciais da vila ademais de transmitir a mensaxe de que o comercio local da vida ás vilas no que se asenta.

Campaña organizada por ACIMO, cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio,  colaboran Deputación de Pontevedra e Concello de Moaña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *