Despois do sorte do Día do Pai, cun premio de 100 euros en dous cheques regalo de 50 euros cada un, Acemas volve sortear outros dous cheques regalo de 50 euros cada un entre os seus clientes. O sorteo celebrarase o sábado 6 de maio con motivo do Día da Nai no Mercado Municipal, entre as 10.000 rifas que se repartirán nos próximos días.
A campaña foi presentada pola directiva da asociación, con Manuel Solla e Cristina Souto, e pola concelleira de Comercio, Cristina Acuña.