O aparcadoiro gratuito no Chan do Monte e no San Narciso xa está aberto ao público. A alcaldesa, María Ramallo, acompañou o venres aos directores e representantes das comunidades educativas do IES do colexio para visitar a explanada, cunha extensión de 1.200 metros cadrados e unha capacidade aproximada para 50 vehículos.
Tal e como lles trasladou a rexedora, o aparcadoiro esta dispoñible desde hoxe. O Gobierno local segue, desta maneira, dotando aos distintos puntos do termo municipal de espazos nos que poder ofrecer aparcadoiro gratuito.
Neste caso, con esta posta a punto da parcela, conséguese que practicamente todos os centros educativos da vila teñan asociado un parking público para dar este servizo aos seus usuarios. Ademais, cúbrese a demanda de estacionamento que xeran os cursos de FP que imparten ambos centros, nos que moito alumnado, pola súa idade, acude en coche.
No que respecta ao casco urbano, desde o Goberno municipal séguese a buscar
alternativas de ordenación do estacionamento que permitan integrar os dous obxectivos de mobilidade que persegue Marín: mellorar o espazo para dotalo de áreas máis peatonalizadas e seguir ofrecendo opcións de estacionamento abondo para cubrir a demanda.