Oficina de Turismo da estación de autobuses de Cangas.

Abre dende hoxe, 11 de xuño, a oficina de turismo de Cangas, a situada na estación de autobuses, e que supón un punto de información primordial para os visitantes que se achegan ao municipio, pola súa localización.

Ao persoal existente na Concellería de Cultura, se suman dúas persoas seleccionadas ao abeiro da subvención da Deputación para as oficinas de turismo adheridas á Rede de oficinas de turismo “Info Rías Baixas” durante o ano 2021. O horario de apertura será o de 10:00h a 14:00h e de 15:30h a 19:00h tódolos días da semana.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *