Camiños en Montemogos.

O Concello de Bueu abre o prazo para que as empresas interesadas poidan presentarse para acometer as obras de pavimentación de dous camiños en Montemogos, na parroquia de Beluso, e outros catro en Meiro. Despois da aprobación na Xunta de Goberno Local desta semana, os anuncios veñen de publicarse na Plataforma de Contratación do Sector Público , e establécese que o prazo de presentación de ofertas abrangue ata o 31 de agosto.

Segundo consta no proxecto de Montemogos, trátase de acometer a pavimentación de dous tramos de camiños situados nas inmediacións das praias de Lagos e Area de Bon, cunhas lonxitudes de 380 e 190 metros e situados no núcleo de Montemogos. Os traballos que se levarán a cabo consisten na limpeza e preparación de explanación con medios manuais e maquinaria pequena, roza, desherbado, retirada de terrón e terra vexetal, apertura ou limpeza de cunetas, escavación e regularización da plataforma, e arranxo de firme con pintado.

Camiños en Meiro.

Pola súa parte, tamén con financiamento provincial, vanse pavimentar catro camiños
situados na zona alta de Meiro, dende Fontouteiro ata Quintáns, cun orzamento global
de 66.496,81 €, IVE engadido.

Estas obras forman parte do plan anual que o goberno local deseña para mellorar o acceso aos núcleos de poboación e espazos públicos, e que ten unha especial incidencia nas áreas rurais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *