A alcaldesa e o concelleiro na visita ao mercado de Cantodarea.

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, informou onte da apertura da licitación para os traballos de demolición do antigo Mercado de Cantodarea e o acondicionamento do solar. A contratación sae por 138.230 euros, que foi o importe aprobado no Pleno de outubro para o que se pediu un crédito extraordinario.

Tal e como expuxo o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, “estamos satisfeitos de poder sacar adiante esta licitación, porque complicouse moito técnicamente seguir avanzando desde que anunciamos que queríamos demoler o edificio, primeiro pola retirada dunha liña de media tensión que lle levou meses a Fenosa e, despois, pola dificultade de xestionar a financiación, xa que tratamos de facelo a través dalgunha subvención pero non hai ningunha liña externa que financie traballos deste tipo”.

As empresas interesadas en presentar a súa oferta poderán facelo a través do Perfil do Contratante antes do 30 de decembro de 2024, “polo que poderemos arrancar o 2025 sabendo que empresa se encargará de realizar este traballo e, polo tanto, poderemos recuperar todo este espazo para o Barrio de Cantodarea”, rematou o edil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *