A rúa Méndez Núñez de Marín.

A proposta inicial, aprobada onte no Pleno, contempla reconverter 105 prazas en espazos de estacionamento gratuito limitado a 2 horas nas contornas da Praza de Abastos, o Centro de Saúde, Méndez Núñez, Jaime Janer, A Ponte e Avenida de Ourense

A ordenación do estacionamento é un eixo de traballo no que está inmerso o Goberno local, para acadar unha vila na que haxa opcións de aparcamento público pero na que tamén camiñemos cara a espazos urbanos máis amables para o peón. Nese senso, hai cerca dun ano púxose en marcha a ZONA 2H, un sistema de estacionamento con horario limitado nas rúas máis céntricas e con maior dinamización da vila, para permitir aparcar o coche durante dúas horas e despois movelo e así deixar un espazo dispoñible para outro vehículo.

Esta rotación convertiuse en fundamental, xa que coa posta en marcha da medida, apoiada tamén na habilitación e mellora dos aparcadoiros públicos gratuitos que hai por todo o casco urbano, facilitouse o estacionamento para incentivar os recados, as compras, o consumo… Dado o éxito das Zonas 2H, o Goberno local impulsou unha proposta de ampliación, que onte foi aprobada onte de xeito inicial polo Pleno. Deste xeito, ás novas rúas que contarán con esta limitación do estacionamento serán as seguintes, seleccionadas polo dinamismo das mesmas e a alta demanda para aparcar.

1.- Zona próxima á Praza de Abastos

Na rúa Exército e Marina, ocupando todo o estacionamento existente na súa marxe esquerda, desde a entrada principal ata a súa bifurcación coa Praza de España. En total serán 20 prazas, repartidas do seguinte xeito:

Desde o paso de peóns da entrada principal ata o final do edificio: 12 prazas

Desde o final do edificio ata o paso de peóns de Correos: 4 prazas

Desde o paso de peóns de Correos ata o final: 4 prazas

2.- Zona do Centro de Saúde

Na rúa Mestre Landín Pazos. Regularase o aparcadoiro público do INVIED que hai fronte á entrada do Centro de Saúde, así como a beirarrúa pegada ao edificio, exceptuando as prazas destinadas á ambulancia e a de persoas con mobilidade reducida. Serán 15 prazas.

3.- Zona da Rúa Méndez Núñez

No tramo situado entre o carga e descarga detrás do Concello ata o carga e descarga que hai detrás da Biblioteca Pública Vidal Pazos. Serán 12 prazas.

4.- Zona de Jaime Janer

Desde o cruzamento coa Travesía Jaime Janer até o cruce coa rúa Busto de Abaixo. Ocuparanse 11 prazas.

5.- Zona Rúa da Ponte

Ocuparase todo o tramo, unindo coas prazas xa existentes como Zona 2H. En total, dotarase de 20 prazas.

6.- Zona Avenida de Ourense

Habilitarase a Zona 2H desde o cruzamento da Rúa Carballino ata o cruce coa Rúa José Trasande, pola beira dos edificios. Tal e como explicou o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Francisco Estévez, agora “esta ampliación pasará o correspondente período de exposición pública para logo poder aprobalo de xeito definitivo”. O obxectivo é que as novas Zonas 2H poidan estar operativas antes do inicio do verán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *