Casa do mestre Don Félix en O Hío. FOTO: S.V.

A parroquia de O Hío non só é destino de visitantes, nos últimos días os veciños alertan da aparición de varios niños de velutina en distintos puntos como xunto ao campo de fútbol do Cruceiro do Hío, xusto á beira do novo supermercado do Igresario ou nunha vivenda particular como é a casa na que residía o antigo mestre Don Félix. Na esquina superior do balcón, desde a rúa, pode verse o niño.

Outro nido de avispa xunto al campo de fútbol. FOTO: S.V.

Polo momento, Protección Civil de Cangas non ten constancia de ningún aviso dos veciños do Hío aínda que ben é certo que, oficialmente, Cangas ten un convenio coa Xunta para que sexa o Grupo Tragsa quen se encargue de retirar cada un destes niños. Polo que, de trasladarse polos leitos adecuados, debería ser esta empresa quen recibise a alerta e acudise á súa retirada. Con todo, só na última semana Protección Civil de Cangas retirou, polo menos, 15 niños a pesar de que non contan con medios para iso co risco que iso supón para a saúde dos voluntarios.

Un incremento e un malestar que lle fixeron chegar á concelleira de Medio Ambiente, Pilar Nogueira, para que tome cartas no asunto por se puidese tratarse dun erro de comunicación entre o 012 e o 112 que acaba derivando as retiradas a Protección Civil de Cangas e non a Tragsa.

Ante a aparición dun niño, os veciños deben chamar ao 012, un teléfono operativo os 365 días do ano.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *