Presentación do Festival no Comedor Social de Marín.

O evento, presentado hoxe no Comedor Social, de Marín, volverá brilar na Alameda este venres a partir das 21.00 horas

O Comedor Social de Marín acolleu esta mañá a presentación do XXXVII Festival do Kilo, na que xa é a súa 38 edición. No acto estiveron a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, así como personal voluntario das Hermanas de la Caridad.

Tal e como rememoraron durante a presentación, este festival leva facéndose desde que abriu o Comedor para levar adiante a súa acción social. Desde entón, fíxose interrumpidamente, sendo sempre un éxito de convocatoria e un exemplo de solidariedade por parte da organización e dos artistas que participan.

Este ano, o cartel está composto polo Gaiteiro Moderno, Manuel Somoza, Antonio Peixoto, Mar García, Alejandra S., Eva Pico, as Pandereteiras da Veiguiña e Cantareir@s de Marín.

Tal e como explicaron durante a presentación, estes artistas veñen de forma solidaria e coma todos os anos, a única aportación que é preciso facer como público e “un, dous, tres ou os quilos que se queiran de alimentos como doazón para o comedor”. O festival será na Alameda este venres e dará comezo ás 21.00 horas.

O comedor, un servizo social imprescindible

O comedor social leva sendo un puntal da asistencia social fundamental na vila marinense. Incluso durante a pandemia, os usuarios podían levar dúas racións de comida quente todos os días, ademais dun bocadillo para a cena.

Normalmente, o comedor social ten 80 prazas, pero ademáis dá comidas a moitas familias que ou ben pola pequena idade dos fillos ou por medo ao que dirán non acuden físicamente ao comedor e levan a comida para levar.

O comedor conta coa colaboración do Concello de Marín, a través dunha subvención nominativa de 5.000 euros ao ano, así como co apoio económico da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *