Volve Varadero A/V como unha das propostas de ocio musical máis interesante do 2021. Esta segunda edición, ao contrario que a primeira que foi online, se celebrará de forma presencial a partires das 19:00 horas deste sábado, 27 de novembro, no Centro Cultural Daniel Castelao, cun cartaz de artistas 100% galegos, encabezado por BFlecha, e seguida dos xovencísmos Yugen Kala.
O concepto desta aventura sen precedentes é xuntar música e imaxe, arte e movemento, realidade e ficción. Propoñen unha experiencia audiovisual na que converxen as videoproxeccións coa a música de BFlecha e Yugen Kala.
Unha sesión de dj e un concerto que na tarde do sábado 27 de novembro que farán delicias dos asistentes ao Centro Cultural Daniel Castelao de Quintela.
O deseño da imaxe gráfica corre a cargo de Paco Quintas, de Dosceworks, e todas as fotografías por Xiana Quintas.