O `cadáver´ estaba no interior da tenda de moda.

A patrulla da Policía Local de Moaña acudiu acudiu onte á noite a unha tenda de moda do centro de Moaña tras ser alertados por un condutor de que no interior do establecemento parecía haber unha persoa tendida no chan. Ademais, outros veciños avisaron de que estaba a soar a alarma.

O maniquí no solo do establecemento.

Á súa chegada, os axentes comprobaron que o suposto cadáver ou corpo tendido no chan era o dun maniquí que, por algún motivo, veuse abaixo.

Afortunadamente, todo quedou nun susto e como anécdota que contar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *