Biblioteca de Marín.

O Concello explica que tratou de estudar varias propostas e alternativas, pero non son viables desde o punto de vista técnico

As obras da humanización da Avenida de Ourense seguen avanzando, ancheando a beirarrúa fronte ao Edificio Consistorial e chegando ata o entronque coa Biblioteca Municipal. Ademais, estanse realizando conexións a nivel de servizos pola outra beira.

Agora, a seguinte fase que iniciará a súa execución é a que comprende a creación da rotonda fronte ao asteleiro Nodosa e que virá regular mellor a circulación neste punto da avenida.
Tal e como explica o Concello, o proxecto prevé a retirada dalgunhas árbores que hai na illa urbana que despois ocupará a rotonda, xa que a creación da mesma suporá que as raíces sufran e non se poida asegurar a súa estabilidade e o correcto rego, tendo grandes posibilidades de secarse e, polo tanto, supor un perigo pola falta de agarre.

A alcaldesa, María Ramallo, explica que “foron estudadas varias alternativas técnicas posibles que permitisen salvar esas árbores, modifi cando o trazado da beirarrúa ou da rotonda”. Pero, tal e como indicou a rexedora, “estas non eran viables, posto que polas dimensións da rotonda, manter as árbores suporía quedar practicamente sen paseo continuo na beira que vai pegada ao Porto, polo que non lle víamos sentido a romper ese itinerario peatonal que ademais conseguimos humanizar hai poucos anos cos fondos europeos de Marín Dusi”.

O que si se conseguiu foi manter as árbores que hai no tramo entre o Concello e a Biblioteca, excepto un exemplar que caeu debido a un dos recentes temporais que se sufriron nestes pasados meses.
Así, Ramallo recoñece que “para nós é unha pena perder esas árbores pero cremos fi rmemente que a rotonda suporá unha importante mellora nos fl uxos de mobilidade da nosa Avenida de Ourense, que soporta moitísimo tráfi co diariamente e é a nosa principal arteria de comunicación”.

Unha partida de fondos propios específi ca para mobiliario urbano e xardinaría

A alcaldesa explica tamén que o proxecto da Avenida de Ourense do Ministerio “non inclúe a instalación de novo mobiliario urbano ou de xardineiras ou parterres, polo que estamos a preparar unha partida específi ca de fondos propios municipais para suplir esta carencia”.
O obxectivo é poder dotar á rúa de bancos novos e algún elemento vexetal, que poida naturalizar o espazo, que gañou en anchura e comodidade para os peóns, creando zonas verdes que permitan mellorar toda a contorna.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *