Mesa Local de Comercio de Marín.

A alcaldesa, María Ramallo, acompañada da concelleira de Comercio, Cristina Acuña, presidiu esta mañá a Mesa Local de Comercio, na que participaron representantes do resto de grupos da Corporación e das asociaciones de comerciantes Estrela de Marín e Acemas, de Seixo.

Un dos puntos clave da mesa foi a luz verde para a celebración do 2 ao 4 do mes de agosto dunha nova edición do Stock Marín, a feira de oportunidades organizada por Estrela de Marín coa financiación do Concello para impulsar que o comercio local poida saír á rúa, visibilizarse e poñer a disposición da veciñanza grandes oportunidades con descontos especiais.

Por outra banda, as asociacións fixeron un repaso das campañas de promoción impulsadas durante o primeiro semestre, como as que se fixeron nos días de maior tirón comercial, como son os do Día da Nai ou do Pai, entre outros.

Desde o Concello, séguese traballando en impulsar a imaxe e maior coñecemento dos negocios de Marín coa plataforma Marín en Rede, que non deixa de rexistrar novas altas no seu directorio, como aconteceu recentemente con Xesta ou Lencería Loli.

Este paraugas baixo o que o Concello trata de impulsar a dixitalización e visibilidade dos negocios marinenses, súmase a outras campañas, como a de reparto de 100 tarxetas de 50 euros entre os clientes fieis ao comercio local, cuxos beneficiarios aínda hoxe poden gastar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *