Limpeza de beirrarúas na zona de Trasouto.

Un equipo da brigada de obras e servizos municipal comezou este martes co desbroce e limpeza de beirarrúas na PO-551 á altura de Trasouto, a onde se dirixiu na mañá de hoxe Félix Juncal, alcalde de concelleiro de Obras e Servizos. Esta limpeza en profundidade lévase a cabo por tres persoas: unha manexa a desbrozadora, outra, o soplador, e a última, a máquina varredora. Isto permite que se realice unha limpeza a fondo nas beirarrúas que incrementan o seu uso por parte da cidadanía na tempada de primavera – verán, e que se actúe tamén nos bordes da calzada, mellorando así a imaxe da vila.

Con motivo desta limpeza, restrínxese o estacionamento de vehículos nalgúns tramos, ata a zona da Torre, en Cela. Así, este martes e mércores, na zona de Loureiro prohibirase o aparcadoiro á marxe dereita en dirección a Pontevedra, e o xoves e venres, na mesma marxe pero en dirección a Bueu.

A próxima semana, o equipo dirixirase ao centro da parroquia de Beluso para continuar pola zona da Carrasqueira e a rúa Pazos Fontenla, nas que tamén haberá restricións de aparcadoiro que se anunciarán nos vindeiros días.

O Concello de Bueu asume a limpeza destes viais de titularidade autonómica, aínda que aproveita para reivindicar o esquecemento da Xunta de Galicia dos espazos bueueses, como son as beirarrúas e as baldosas, ademais da histórica demanda de mellora da seguridade viaria en tramos como o de A Chadiza – Cabalo. Neste sentido, os técnicos municipais están a elaborar un informe sobre o mal estado da sinalización horizontal e vertical destes viais, que se trasladará á Xunta co obxectivo de que se faga unha renovación completa e actualizada aos tempos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *