Reunión da alcaldesa co Musimarín para organizar o traslado da imaxe.

Poderán participar cerca de 100 nenos nas sete carrozas do evento. As inscricións, que serán por orde de chegada ata completar aforo, poden realizarse por mail ou presencialmente, no departamento de Alcaldía do Concello

O Concello de Marín abrirá a partir de mañá xoves ás 09.00 horas a inscrición para participar na Batalla de Flores nocturna, que se celebrará o martes, 12 de xullo, ás 22.30 horas. A inscrición pode realizarse por correo electrónico, escribindo a alcaldia@concellodemarin.es ou de xeito presencial, en Alcaldía, a partir das 09.00 horas. A inscrición realizarase ate completar aforo. Deberán poñerse os seguintes datos: nome e apelidos, estilo de disfraz que se levará e idade.

En total, hai sete carrozas con temáticas variadas: de baile, gnomos, enanitos,
flores, insectos, natureza… Poderán participar cerca de 100 nenos e nenas, xa que
poden estar 15 por cada carroza. No caso de que algún pai ou nai queira participar
na carroza, tamén terán que ir vestidos acordes á temática da mesma.
A idade recomendada é entre 5 e 10 anos. No caso de ser menores desa idade,
deberán ir sempre acompañados e vixiados por un adulto.

Traslado da Virxe do Carme

Por outro lado, o traslado da unidade de Educación Infantil da EEI Nosa Señora do Carme ao CEP Sequelo supón unha oportunidade de aproveitamento desas instalacións educativas para poder seguir apostando pola formación, a ensinanza e a cultura. Así o entenden desde o Concello de Marín, que pensaron en como darlle un uso sociocultural e dinamizador ao inmoble.

Así, a alcaldesa, María Ramallo, mantivo unha reunión coa directiva da Escola de Música Musimarín, para ofrecerlle a eles que trasladen a súa sede, actualmente no CEIP da Laxe, á Nosa Señora Virxe do Carme, unha opción que lles pareceu moi boa e pola que mostraron moito interese.

“Esperaremos a que remate oficialmente o curso para solicitarlle formalmente á Xunta de Galicia a cesión da escola para poder iniciar esta transición, xa que consideramos que pode ser unha moi boa sede para esta escola, que ten tanto alumnado e que cada vez precisa instalacións máis axeitadas, nas que poidan levar adiante ensaios de distintos instrumentos simultáneamente”, explicou a rexedora.

Desde Musimarín, mostraron a súa satisfacción por esta posibilidade e agradeceron ao colexio da Laxe a súa disposición até o de agora para acoller a súa actividade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *