A Asociación de Hosteleiros de Moaña, en colaboración co Concello, sortea un cruceiro polo Mediterráneo para dúas persoas con todo incluido. O gañador ou gañadora será será o que teña o boleto cuxa numeración coincida co primeiro premio da Lotería Nacional de Nadal do próximo 22 de decembro. Se o día 7 de xaneiro, incluído, non aparecese a persoa premiada o número premiado pasará a ser o do Segundo Premio do mesmo sorteo.
Para participar, os clientes dos establecementos asociados deberán pedir a rifa, unha por cada consumición.
O cruceiro que se sortea será no barco MSC Fantasía que realizará o circuíto Barcelona, Marsella, Génova, La Spezia, Nápoles, Palma de Mallorca e, novamente, regreso a Barcelona.
A campaña foi presentada esta tarde no Concello pola directiva da Asociación e pola concelleira de Promoción Económica, Coral Ríos.