Trátase do I Torneo Onde vas Faneca Splash que terá lugar o 29 de xullo na arboleda da Xunqueira
A arboleda da Xunqueira de Moaña acollerá o próximo 29 de xullo unha competición moi pecualiar, o primeiro Torneo Onde vas Faneca Splash. Trátase dunha competición por equipos similar ao tradicional ‘atrapa a bandeira’ pero con globos de auga para atallar a calor. Consiste en arrebatar a bandeira do equipo contrario pero para iso os participantes deben de sortear unha serie de obstáculos. O equipo rival, para defender o seu bandeira e evitar que lla rouben estará armado cun arsenal de globos de auga, ata 20, que disparará aos seus adversarios. Os ‘feridos’ estarán obrigados a retroceder ata o seu propio campo.
Os equipos, como máximo 16, deben de estar formados por un mínimo de 4 persoas e un máximo de 6. Terá lugar de 17:00 a 21:00 horas e os interesados en participar teñen de prazo ata o 26 deste mes para inscribir ao seu grupo.
Tras unha competición selectiva, o equipo gañador levará un roteiro en kaiak ata a illa de San Simón para todos os seus compoñentes con saída desde o porto de Cesantes.