A fonte cibernética da Praza Massó de Bueu encedendeuse este xoves de verde en reivindicación polo Día Mundial Contra o Cancro, que se celebra hoxe, 4 de febreiro.
Neste acto de alumeado simbólico participaron representantes da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), e membros da corporación municipal da vila, nomeadamente Félix Juncal, alcalde de Bueu, Ana Isabel Otero, concelleira de benestar social e igualdade, Xosé Leal, concelleiro de cultura e medio ambiente, Alberto Moital, concelleiro de patrimonio, Ricardo Verde, concelleiro de deportes, Julio Villanueva, vicealcalde e edil de facenda, e Elena Estévez, María del Carmen Núñez, Jesús Rodríguez e María Blanco, edís do PP.
A AECC colocará unha mesa informativa este venres pola mañá nas inmediacións da Praza de Abastos, co obxectivo de ofrecer información ás persoas que se acheguen.