César Poza e Carmen Gallego atribúen o éxito desta terceira edición ao “traballo dun exercito de voluntarios que se esforzaron para que todo saíse á perfección”

Máis de 2.800 racións vendidas, 11.000 euros facturados, unha elevada porcentaxe de refugallo reccilado e ningunha incidencia é o resultado en cifras da terceira edición da Festa do Mar de Vilaboa, un evento que contou co respaldo decidido tanto da veciñanza local como da contorna que fixo posible un incremento do 40% de racións despachadas con respecto ao ano 2023.

O prezo das racións tivo un claro reflexo na demanda do produto coincidindo que os máis asequibles, o mexillón e o choco, duplicaron as ventas mentras que a ameixa, de coste máis elevado, medrou un 50%.

Tanto o alcalde, César Poza, como a concelleira de Dinamización, Carmen Gallego agradecen a participación e bo traballos dos restaurantes participantes, A Garboa, Casa Aurelia e A casa de Rosa da Mazaroca, así como a panadería e pastelería Os Laranxos “que fixeron todo o que estivo na súa man para enxalzar os produtos do mar locais” e que elaboraron o triple de racións que na pasada edición. “Levan moito tempo traballando nesta festa para que todo estivese a punto, facendo un reforzo de persoal para atender debidamente aos comensais”. A instalación de máis mesas na carpa facilitou a comodidade do público asistente e a integración das actuacións musicais no ambiente festivo.

Carmen Gallego agradece a implicación de todo o personal municipal e de empresas colaboradoras que fixeron posible o desenvolvento dunha Festa consolidada, que medra edición tras edición cun ambiente familiar incorporando cada ano novos elementos de respeto ao medio ambiente. Neste sentido a concelleira agradece a colaboración de mariscadoras e bateeiras tanto na organización do evento como nas catas e na venda dos tiquets, labor na que estiveron apoiadas por tres traballadores municipais.

O goberno local recoñece tamén o bo traballo feito pola brigada de Obras do Concello, coordinada polo seu capataz, dotando ao entorno dos servizos necesarios para o bo desenvolvemento da Festa; ás traballadoras da limpeza (Urbaser) e aos operarios da recollida do lixo que se encargaron de que hubera contedores suficientes para atender o volume de residuos da festa e mantiveron limpo o recinto. “O éxito desta Festa é o resultado do traballo silencioso dun exército de persoas voluntarias que coa súa implicación foron fiando os detalles para que hoxe nos poidamos sentir satisfeitos
dunha promoción dos produtos do mar que é moi necesaria para o sector do mar e para Vilaboa en xeral. Desde os voluntarios de Protección Civil ata os funcionarios municipais que se encargaron das contratacións e os medios de comunicación que contribuiron a difundir este evento. Estes datos son o resultado dun bo traballo en equipo”, remata Carmen Gallego.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *