Unha zona danada pola extracción de terra no monte de Darbo.

Advirten de que ademáis dunha agresión ao monte supón un risco de caídas para sendeiristas

A comunidade de montes de Darbo, en Cangas, mostra a súa «preocupación» por extracción de terra vexetal en certas zonas da súa competencia. Algo que «comezou como un caso illado» hai xa unha década e que agora «se está xeneralizando». «O problema empeza a ser preocupante», advirten.

¿Qué problemas causa a extracción de terra vexetal?

Sen terra, as especies de flora quedan sen o substrato esencial para desenvolver o seu ciclo vital. Moitas das árbores próximas aos noiros das pistas forestais afectadas quedan coas raíces ao ar causando risco de derrubamento, producindo unha vía de entrada de enfermidades (por exemplo o fungo do chancro do castiñeiro) e aumentando o risco de morte por falta de nutrientes ou auga. 
Outros problemas asociados son:A existencia dun impacto paisaxístico negativo. O arrastre de terra, ladeira abaixo, coas choivas. O risco de caídas a distinto nivel dos sendeiristas.

A extracción de terra é ilegal, pois o aproveitamento de calquera recurso do monte ten que ter a autorización do seu titular (segundo establece o artigo 84. 1 da lei 7/2012, de Montes de Galicia) e debe estar establecido nun instrumento de xestión aprobado pola Administración forestal. 

Esta actividade está asociada ó tránsito e circulación con vehículos de motor por pistas forestais, o que tamén está prohibido segundo o artigo 98 da lei 7/2012, de Montes de Galicia. 

Comunicación ás autoridades administrativas e xudiciais

Advirten de que «calquera observación de extracción de terra será posto en coñecemento das autoridades administrativas e xudiciais pertinentes, podendo derivar na imposición das sancións que procedan de conformidade coa lexislación vixente». 

A comunidade de montes de Darbo pide a todas as persoas «colaboración» para rematar con esta agresión ós nosos montes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *