A Consellería do Mar concedeu unha axuda ao proxecto colectivo «Xestión dos recursos da pesca artesanal de Cangas, 2023-2024», presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas, ao abeiro da Orde do 18 de outubro de 2023.

Este proxecto, identificado co número de expediente PE209P 2023/013, ten como obxectivo reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal, garantindo así unha actividade económica, social e medioambiental sostible na rexión. A axuda concedida ascende a 77.860,88 €, outorgada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) nun 70% e nun 30% pola Xunta de Galicia.

A axuda distribuirase en dúas anualidades, con 38.930,40 € asignados para o ano 2023 e a mesma cantidade para o ano 2024.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *