Según explica a CIG-Saúde, esta situación é preocupante porque se trata dun servizo esencial que precisa o 100% dos seus efectivos para unha adecuada asistencia. Ademais no caso de Cangas e Val Miñor son centros que se viñan reforzando con máis persoal no verán dado o
aumento de poboación que se producen nas localidades as que dan asistencia, por ser destinos turísticos.
A falta de persoal, manifestan, por permisos e vacacións súmase a que non están a totalidade das prazas estruturais cubertas a efectos de “deixar horas para os contratos de FEAP” unha nova modalidade de contrato que realiza dobre prestación en Consulta e PAC.
«A asistencia con menos persoal do que correspondería está a supor un aumento importante da carga de traballo en persoal que atende urxencias e con prestación de 17h entre semana e 24h en domingos e festivos», expoñen dende o sindicato.. Por iso solicita que se cubran as prazas estruturais en todos os PAC, que se busquen solucións para a cobertura das ausencias, máis cando se tratan de servizos de atención urxente, e que se busquen alternativas para fidelizar ao persoal residente que se forma na Área Sanitaria.