O concelleiro de Obras e Servizos de Moaña.

Dende a Aula ceMIT de Moaña inician a programación deste servizo que depende da AMTEGA. Comezan co servizo de Internet sen fronteiras que desenvolven dende o Concello de Moaña, no que hai que anotarse na Área de Benestar Social ou na casa da Mocidade de Moaña. Está enfocado a xente que demande formación básica en ordenadores e acceso dixital, centrándonos en persoas maiores de 55 anos ou con necesidades especiais de formación. Iniciaranse o mes de xullo polas mañáns con formación en xestión e uso de teléfonos móbiles intelixentes (4 cursos de 8 horas cada curso)e o mes de agosto cos cursos básicos de informática (4 cursos de 8 horas cada curso). Estes cursos realizaranse de luns a xoves en horario de 9:00 a 11:00.

Tamén haberá formación especializada que centrarase na creación de videoxogos e robótica. Será de luns a xoves de 11:00 a 13:00 horas e serán cursos enfocados para a rapazada a partir de 8 anos ou con competencias informáticas.

Creación de videoxogos con Scratch

Luns e mércores de 11:00 a 13:00h (4, 6,11 e 13 de xullo) o formativo será para a creación de videoxogos con Scratch. Mentres que os martes e xoves de 11:00 a 13:00 (19,21 e 28 de xullo) enfocarase á introdución a Scratch 3 e interfaz de Scratch 3:
o Primeiros pasos con Scratch 3
o Propiedades dos Obxetos en Scratch 3
o Creación de Obxetos en Scratch 3
o As extensiones en Scratch 3
· Elementos fundamentais dos videoxogos- movementos.
· Práctica. o meu primeiro videoxogo
· Deseño e creacción de personaxes.
· Práctica xogo de disparos
· Práctica Space Invaders

Curso de robótica educativa con mBot

O curso de robótica educativa con mBot será os martes e xoves de 11:00 a 13:00 (5, 7, 12 e 14 de xullo) e os luns e mércores de 11:00 a 13:00h (18, 20, 27 e 29 -cambio de luns festivo ao venres inmediato)

· Introdución e entorno de programación
· Ola mundo. Leds RGB
· Creando música con mBot
· Utilizando o sensor por ultrasonidos
· Peleas de robots
· Programando a matriz de leds
· Sensor segue-liñas.

Asemade os venres de 10:00 a 13:00h. terán Aula Aberta a calquera persoa con acceso ás aulas cemit de Galicia para resolver dúbidas e poder empreagar os ordenadores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *