A choiva arrastou a area das escaleiras da praia de Mogor.

A borrasca que deu comezo ao outono en toda Galicia tamén está tendo incidencias en Marín, aínda que afortunadamente non se rexistrou ningunha situación de gravidade. Houbo caídas de ramas e pequenos desprendementos de terra no entorno do Sequelo, no cauce do río Lameira, arrastre de terras, que xeraron atasco nas arquetas do paseo de Portocelo, movemento e arrastre de area na praia de Mogor, que vaciou a zona baixo a escaleiras de acceso ao areal, e riadas en diversos puntos, como no CIP de Mogor, aínda que non afectou ao interior da instalación

Nas últimas horas, estase traballando con eficacia e rapidez para poder subsanar todas estas incidencias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *