Con motivo do Día Mundial da Bicicleta, dende o Concello de Moaña quiseron visibilizar o interese deste medio de transporte amable, con vocación lúdica e cunha óptica inclusiva, mediante unha saída simbólica á rúa. O paseo partiu da casa consistorial e percorreu o centro da localidade da man de DisCamino, que participou e demostrou a versatilidade das bicicletas.
Moaña aposta polo uso da bicicleta e, tanto é así, que a concellería de Mobilidade que dirixe Rodrigo Currás como a de Mocidade, de Daniel Costas, están estudando a posibilidade de instalar uns infladores manuais tipo armario en 2 puntos próximos ao carril bici para ir equipando con medios e facilitar o uso da bicicleta.
Na ruta participaron a concelleira de Muller e Benestar, María Ortega, que foi como experiencia sentada nunha das bicis adaptadas para persoas con problemas de visión, para o cal levou anteface que impedíalle a visión. Tambén nas súas bicis foron Currás, Costas, o concelleiro de Persoal e Facenda, Aldán Santamarina; a concelleira de Ensino e Deportes, Dolores Chapela.