REDACCIÓN: SERAFÍN VALLADARES. Hoxe empezou a traballar a “ Barbería Dani ”en Aldán. Durante toda a mañá, e mentres estaban a traballar, non parou de soar o teléfono para pedir cita, ademáis dun desfile de clientes que non tiñan o número e que se achegaron á porta par facer o mesm. A este ritmo, di Dani , imos ter que dar cita para dentro de 15 días .
Preguntado sobre as novas normas, manifesta que as están cumprindo a machada, a pesar de que se decataron a última hora de todo. O problema máis grande foi, din este barbeiro, e que durante este tempo «non recibín axuda algunha para o aluguer, por non falar dos ERTES, parece ser hoxe que xa empezarón a pagalos, segundo dixéronme algúns compañeiros».
Aquí teño dous empregados, «aínda que de momento só estamos a traballar, Pablo e eu, non queda máis remedio, mentres non esteamos seguros do que vai suceder». «Se todo vai ben, Andrea, a outra persoa que estaba a traballar aquí, aguardo incorporala de novo ao traballo en breve, ainda que de momento segue co ERTE», dixo.
A barbería de Dani e moi coñecida e ten clientes de toda a Comarca do Morrazo. Moita sorte!!