O narcosubmarino, durante a custodia xudicial.

A un dos outros catro acusados de xestionar a recepción dos máis de 3.000 quilos de cocaína e de darlles acubillo en terra, impúxolle nove anos de cárcere e, aos outros tres, sete anos de prisión

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a cada un dos tres tripulantes do narcosubmarino de Aldán, afundido en novembro de 2019 fronte á praia do Foxo, a once anos de cárcere.

O tribunal considerou probado que os tres investigados, entre os meses de setembro e novembro de 2019, actuaron “ao servizo dunha estrutura criminal internacional provedora de estupefacientes” para o transporte por vía marítima, desde Brasil ata España, dun cargamento de cocaína “mediante o emprego dunha embarcación semisomerxible, cuxa tripulación integraban e desde a cal debían descargar a droga”. A Sala indica na sentenza que na embarcación transportaban ao redor de 3.068 quilos de cocaína, cuxo prezo no mercado ilícito ascendería a 123.244.573 euros.

Os maxistrados, ademais, aseguran que para introducir a droga na provincia de Pontevedra colaboraron catro persoas activamente cun dos tripulantes. A un deses catro investigados, a Audiencia impúxolle nove anos de prisión, mentres que ao resto os condenou a sete anos de prisión. Un destes catro sospeitosos foi quen mantivo, segundo a resolución, “unha comunicación directa e continua” cunha das persoas que se atopaba a bordo da embarcación, a través de mensaxes e correos electrónicos, “para facer posible a recepción en terra do cargamento de cocaína e o acubillo dos tres tripulantes”. Por iso, a Audiencia sinala que estes catro acusados contaban con “información precisa, xa desde un primeiro momento, sobre o número de tripulantes da embarcación; o roteiro previsto e a concreta praia de arribada planeada, a praia do Foxo, en Aldán”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *