Está pensado para participantes de ata 15 anos e ten de prazo ata o 23 de xaneiro
A asociación de comerciantes Acemas de Seixo vén de convocar un concurso de deseño do cartel para a XII Carreira do Truco, para a que convocan a calquera persoa menor de 15 anos que desexe participar, sen restriccións de nacionalidade.
O deseño debe estar feito en tamaño A4 e incluir obligatoriamente o título XIII Carreira do Truco. O estilo e as cores son libres, sempre que o deseño sexa claro, lexible e axeitado para todo tipo de público. Os deseños deben ser orixinais e non terse publicado anteriormente e cada participante pode presentar máximo dous deseños.
A presentación dos traballos será no Mercado Municipal de Seixo ou chamando ao teléfono 625472152 antes do 23 de xaneiro de 2024. Os datos precisos son nome e apelidos e un teléfono de contacto. Tamén poden enviarse en formato dixital (JPG ou PDF) cunha resolución mínima de 300 dpi ao correo
manuelsollafreire@hotmail.es
Haberá tres premios, de 50, 40 e 30 euros e o primeiro será o utilizado como cartel promocional desta actividade, que todos os anos supón unha dinamización e un atractivo esencial da parroquia de Seixo.
O xurado estará composto polos organizadores do evento e outros convidados e serán anunciados os gañadores o 24 de xaneiro na web de Acema e nas redes sociais.