A Andaina solidaria en favor da AECC de Montes e Praias xa cubriu todas as prazas dispoñibles para a categoría de 25 kilómetros e quedan as últimas para a opción de 15 kilómetros, máis adaptada para todos os públicos. Esta edición será o domingo 6 de marzo, con saída ás 09.00 horas da Alameda Rosalía de Castro, e chega despois de dous anos de parón pola covid.
Tal e como explican os organizadores da andaina, do Club Xesteiras, a ruta variouse nun 90%, polo que persoas que xa a teñan feito poden repetir e descubrir novos lugares. Pasaremos por sitios emblemáticos como o punto no que se unen Marín, Vilaboa e Moaña no Lago Castiñeiras, as fervenzas do río Neibó ou as propias praias, que son un clásico da andaina.
Ademais, a proba de 25km é federada (aínda que poden participar nela persoas que non estean federadas), e está dentro da Liga Nacional de Sendeirismo. As inscricións deben realizarse neste link: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/vii-andaina-montes-e-praias-de-marin-25km/?lang=es
Cinco euros de cada inscrición será unha doazón en favor da asociación do cancro de Marín. A súa presidenta explicou na presentación da andaina que se trata “dun evento saudable, que nos encanta, no que vemos que a xente repite e que serve para visibilizar todo o traballo que facemos desde a asociación”.
Bolo do Pote
A celebración da andaina, como xa é tradición, coincidirá co Bolo do Pote, organizado por Pousos da Area e que estará aberto a todos os que lles apeteza desfrutar deste trasdicional plato típico do tempo de Entroido.