Ramallo, acompañada da concelleira Beatriz Rodríguez, mantivo un encontro co creador do É Restaurante, un exemplo de gastronomía e identidade que xa leva varios éxitos colleitados
A excelencia gastronómica tamén é unha das señas de identidade de Galicia e non é necesario irse ás grandes cidades ou aos proxectos lonxevos para atopala. En Marín, no Calexón Solla, Marcos Area, na base da memoria familiar dos seus bisavós, está a desenvolver un proxecto no que xa non só nos fixamos en Marín, senón en todo o Estado.
Acaba de gañar o galardón á Mellor Apertura de Galicia por parte da prestixiosa Guía Macarfi. Un logro que lle abriu as portas dos organizadores do Galicia Forum Gastronómico (os mesmos que levan o de Barcelona, un dos máis prestixiosos de España), que o propoñen como candidato a Mellor Cociñeiro de Galicia 2026.
A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, recibíronno hoxe no Concello, para coñecer como está levando esta nominación e poñendo en valor todo o traballo que está realizando desde Marín, non só no ámbito gastronómico, senón tamén no da defensa da identidade costeira e da recuperación das receitas e faceres tradicionais que conforman o ADN marinense.
Para lograr conseguir ser o Mellor Cociñeiro de Galicia, ademais do voto do xurado, hai unha parte de voto popular, que desde o Concello queren potenciar. “Animamos a todo Marín a que vote por Marcos para que poidamos visibilizar e poñer en valor todo o traballo que está facendo”, declarou a alcaldesa, ao que engadiu que tamén “animo a todos os que aínda non foron, a que vaian ao seu restaurante e gocen dunha gran experiencia gastronómica”.
Para votar, é preciso entrar en este enlace: https://www.galiciaforumgastronomico.com/cocinerogallego

