A alcaldesa e a concelleira cos nenos saharauis no concello.

Desde a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui aseguran que se precisan máis familias para seguir mantendo un programa que é clave na cooperación entre ambos lugares

A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, recibiron aos sete nenos e nenas saharauis que pasarán dous meses nos distintos concellos do Morrazo, antes de volver xunto ás súas familias. Karin, Yumana, Salka, Ahmed Jady, Moina e Salek coñeceron o salón de Plenos e as instalacións municipais e recibiron de mandas da alcaldesa un vale de 30 euros para mercar material escolar e de debuxo.

Este programa, “Vacacións en paz”, é posible grazas ao traballo da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que levan impulsando anos esta iniciativa coa que cerca de 300 rapaces e rapazas chegan a Galicia desde os campos de refuxiados de Tinduf para pasar as súas vacacións e ter a oportunidade de facer de Galicia o seu segundo fogar durante un tempo.

Desde a asociación, recordan que sempre lles fan falta familias e desde o Concello fan un chamamento á veciñanza de Marín a que contacte coa plataforma e se informe do programa de cara ao verán que ven, para poder seguir recibindo a nenos e nenas que ata os 12 anos poden seguir beneficiándose dunha iniciativa clave en cooperación internacional.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *