Victoria Portas nunha visita a O Hío.

«Volvo levar a atención da Alcaldía ás parroquias, para evitarvos desprazamentos en caso de que haxa algunha cuestión que me queirades trasladar». Así anuncia a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, que retoma as súas visitas mensuais ás parroquias. Os primeiros martes de mes estará en Aldán, os segundos en Darbo, os terceiros en O Hío e os cuartos en Coiro. Portas informa de que os veciños nos terán que pedir cita para falar con ela, tan só acudir aos lugares de costume en horario de mañá.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *