Hoxe na Casa da Mocidade realizouse unha aula aberta de esgrima histórica da man da SVEA Sala Viguesa de Esgrima Antiga e o proxecto Cabaleiro Errante.
O alumnado recibiu nunha charla da historia e a evolución das diferentes espadas e tratados de esgrima así como unha explicación intensiva de técnicas e usos das mesmas.
Remataron a xornada coa clase práctica na que empuñaron as espadas eles mesmos e espada en man aprenderon a vivir a historia dende a empuñadura das diferentes espadas que coñeceron.