O 20 de decembro publicaranse os gañadores das tres categorías na web municipal e nas redes sociais do Concello

O espírito do Nadal está moi presente en Marín non só pola decoración e o alumeado do Concello, senón grazas a todas as persoas e establecementos que participaron no II Concurso de Decoración de Nadal, que xa ten pechada a súa inscrición.

Segundo informa o Concello, este ano presentáronse 21 vivendas unifamiliares, 14
comunidades de veciños, 16 comercios e 4 locais de hostalaría.

O xurado irá agora visitar cada unha das decoracións participantes, para coñecer in situ a súa orixinalidade e para así poder deliberar a súa decisión. Os premiados daranse a coñecer na páxina web do Concello e nos perfís de redes sociais o 20 de decembro.

O xurado está composto polos concelleiros Manuel Domingos, Itziar Álvarez, Cristina Acuña, Marián Sanmartín e Elisa Dopazo; un funcionario municipal e Mara Fariña e Cristina Barreiro, en representación da veciñanza de Marín.

Premios

En todas as categorías, haberá un primeiro premio de 300 euros e un segundo de 200 euros. Ademais, farase un sorteo entre todos os participantes (a excepción dos gañadores) por valor de 100 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *