Os Reis Magos de Oriente que visitarán Cangas o 5 de xaneiro.

Ante a situación epidemiolóxica actual, con 465 casos no día de hoxe, e as restricións decretadas pola Xunta polo avance da sexta onda do Covid-19, o Concello de Cangas decidiu reducir a actividade da cabalgata dos Reis Magos á mínima expresión para evitar a aglomeración de persoas e, por tanto, a posibilidade de máis contagios.

Na reunión celebrada esta mañá para analizar a situación e tomar medidas respecto diso acordouse que as súas Maxestades de Oriente non lanzarán caramelos, tampouco haberá espectáculo de dinamización e Melchor, Gaspar e Baltasar non realizarán a súa tradicional recepción aos nenos e nenas da localidade. As carrozas, pola contra, si realizarán o percorrido previsto desde a rotonda do Gordo e discorrerá pola Avenida de José María Castroviejo, Avda. de Ourense, Paseo de Castelao, subirán pola rotonda de Pedra Alta e continuarán pola Avenida de Vigo.

Segundo a concelleira de Cultura, Aurora Prieto, a recomendación da consellería de Sanidade de realizar unha cabalgata estática supoñería a concentración de persoas e, por tanto, risco de contaxio. Desta forma, defende, polas rúas de Cangas as familias poderán ver ás súas Maxestades desde as xanelas e os balcóns das súas vivendas.

Todo isto, explica Prieto, sempre que a normativa que rexa o próximo 5 de xaneiro sexa a actual.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *