Zona de A Rosada.

Arredor dunha trintena de vivendas de A Rosada contan xa con abastecemento de auga, un servizo do que carecían ata este momento. O Concello de Cangas contratou con UTE Gestión Cangas a execución da ampliación da rede de abastecemento nun trazado de 780 metros cun investimento superior aos 117.744 euros.

A situación desta zona non permitía outra alternativa técnica que a instalación dunha canalización de abastecemento que conectase coa rede existente e que permitise a conexión das acometidas ás vivendas existentes a ambos lados do vial.

Segundo os informes técnicos elaborados pola empresa concecionaria o diámetro da tubería instalada é de 90 milímetros para dar resposta tanto ás necesidades actuais de consumo como ás derivadas da posible instalación de hidrantes e das ampliacións futuras.

A obra executada non inclúe as acometidas particulares ao tratarse dunha rede principal. A alcaldesa, Victoria Portas, afirma que esta actuación na Rosada supón un pequeno paso adiante no obxectivo de levar os servizos básicos a todo o termo municipal de Cangas e recorda que este tipo de actuacións son posibles grazas á positiva xestión económica que está a realizar o actual goberno de Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *