Membros da comparsa coa comida recollida.

A Comparsa Animodo de Domaio celebrou esta fin de semana o seu festival solidario de Entroido despois dun parón obrigado pola pandemia.

Os grupos que animaron a festa foron Verde menta, Demasiadas sombras y pocas lucuces e DJ Shakusky. Entre todos puxeron os ritmos e as notas para amenizar as ducias de veciños e veciñas e das comparsas asistentes, cumprindo en todo momento as normas Covid.

A comparsa Animodo recaudou máis de 80 kgs. de comida, para entregar como ben sendo de costume a Cáritas de San Martiño.

Animodo de Domaio quere agradecer ao supermercado Eroski de Domaio, a súa doazón de alimentos e a aquelas persoas que tamén levaron de xeito individual.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *