As bandeiras do Concello de Marín a media asta.

O Concello habilita unha canle de comunicación coa Oficina de Vivenda para aquelas persoas que queiran ofrecer alternativas habitacionais para o acollemento de refuxiados

A guerra de Ucraína está a ser unha crise humanitaria internacional. Son moitas as iniciativas individuais que están xurdindo. Desde o Concello de Marín, compartimos as recomendacións dadas para axudar ao pobo ucraíno de forma eficaz por parte da Xunta de Galicia, da Fegamp, a Coordinadora Galega de ONGD, Farmacéuticos Mundi, Médicos del Mundo, UNICEF, Cruz Vermella, EDUCO, Entreculturas, ACNUR, Axuda en Acción, Movimiento por la Paz, El Desarme y la Libertad e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Por unha banda, recoméndase canalizar a axuda da cidadanía a través de doazóns económicas mediante as diferentes Organizacións Non Gubernamentais (ONG) Humanitarias que traballan na zona, así como a través de organismos humanitarios especializados. Ademais, desaconséllanse as doazóns en especie, ao resultar menos eficiente este tipo de axuda e constituír unha mala práctica no ámbito da axuda humanitaria.

Por outra banda, estas son as iniciativas concretas que se están desenvolvendo en
Marín:

1.- PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS – A TRAVÉS DA OFICINA DE VIVENDA DE MARÍN

Todas aquelas persoas particulares que queiran propoñer unha alternativa habitacional para acoller a refuxiados ucraínos, poderán poñerse en contacto coa Oficina de Vivenda de Marín no teléfono 986 89 04 88 ou no mail ari@concellodemarin.es, desde onde se coordinará todo o dispositivo.

2.- PROGRAMA DE AXUDA A FAMILIAS UCRANIANAS DO GRUPO SEI SAN NARCISO

Desde o Grupo SEI deseñaron un programa de axuda a familias ucraínas desprazadas pola guerra. O programa contempla a acollida de 15-20 familias (perfil obxectivo: pai/nai máis de 1-3 nenos en idade escolar) para un total de entorno a 50 persoas.

Ás familias se lles ofrecerá:

  • Aloxamento (1 habitación con cuarto de baño por familia)
  • Manutención (almorzo-comida-cea)
  • Uniforme escolar
  • Asignación mensual (por definir, en función da composición da unidade
    familiar)
  • Educación: os nenos distribuiranse por aulas en función da idade e
    incorporarase a mestres ucraínos para que continúen coa súa formación
    académica
  • Actividades extraescolares para os nenos (inglés, deportes…)
  • Clases de español tanto a pais e nais coma aos nenos.
    Esta proposta do centro educativo xa foi derivada polo Concello de Marín á
    Fegamp.

3.- PROPOSTA “QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE”, DE LA INMACULADA 3.920 km = 3.920 euros

Desde o Colexio La Inmaculada, en colaboración coa Anpa Martín Herrera, a JMV (Juventudes Marianas Vicencianas) e o Concello de Marín, organizan unha actividade solidaria á que chaman “QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE”.

O obxectivo é facer partícipes a todos os centros escolares de Marín que o desexen. A actividade consistirá en recorrer simbolicamente con MOEDAS (céntimos, euros…) os quilómetros que nos separan de Ucraína.

A actividade desenvolverase, simultaneamente, o xoves 24 de MARZO a partir das 10.30h na ALAMEDA DE MARÍN E NO PARQUE EGUREN. Os alumnos e demais persoas que se acheguen irán completando coas súas moedas eses 3.920 kms que nos separan de Ucraína.

4.- RECOLLIDA DE MATERIAL NOS CENTROS EDUCATIVOS (Xa rematada)

Os centros do CEIP da Laxe e de Ardán, así como tamén o CPR La Inmaculada, recolleron desde o primeiro momento material que se solicitaba nas listaxes de axuda humanitaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *